Pérez Herráiz amosa o seu asombro ante o anuncio da nova comisaría de Lugo na vella Residencia

A deputada socialista no Congreso, Margarita Pérez Herraiz, amosou o seu asombro polo anuncio por parte do Presidente da Xunta de instalar unha comisaría de Policía no vello Xeral, cando, fai uns meses, tras unha pregunta efectuada por ela mesma, o Goberno do Partido Popular ratificou por escrito que o uso destas instalacións é únicamente sanitario. 

A deputada insistiu en que os lucenses saben que o PSOE sempre estará aberto as iniciativas beneficiosas para a cidade pero non deixou de considerar o anuncio que fixo onte o Presidente da Xunta como “oportunista e carente de toda credibilidade“, e asegurou que “non é máis que unha declaración de intencións, ou mellor dito empezar a casa polo tellado”.

Para a representante do PSOE, isto é máis sorprendente  porque saben que non hai iniciado o expediente de cambio de uso de ditas instalacións, e que o dereito de uso da vella residencia segue sendo da Xunta que, en palabras da socialista “ten a obriga de devolverllo á Tesourería Xeral da Seguridade Social para que o transfira ao Ministerio do Interior. Pérez Herráiz dixo que “despois de tantas e tantas promesas incumpridas, non podemos crer que desta volta o Sr. Feijoo nos vaia a sorprender coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG)”.

A deputada tamén denunciou que dalgúns dos anuncios que leva feitos o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aínda non se publicou nada no DOG, “o propio Feijoo anunciou a chegada do AVE a Galicia, acabar co paro ou as dotacións do Hula, pero da publicación destes e doutros anuncios, nada de nada, só busca titulares de prensa, pero no DOG nin unha soa liña“.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com