Perplexidade no PSOE polas declaracións do líder do BNG

Esta mañá o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, sinalaba que para a Deputación de Lugo se aplicará o acordo marco subscrito por PSOE e BNG para as deputacións de A Coruña e Pontevedra, no que un dos requisitos é que non poderá haber imputados nos gobernos provinciais.

Xornaldelugo púxose en contacto con membros do PSOE provincial, os cales non saían do sue asombro por estas declaracións  e preguntábanse que foi o que se negociou cos nacionalistas, ademais de apuntar cara a que se o BNG tenta cambiar as regras do xogo, a Deputación volverase ingobernable.

Hai que lembrar que as negociacións realizadas entre o PSOE e Manuel Martínez, para que este apoiase a moción de censura contra o Partido Popular, contan co aval e apoio dos alcaldes socialistas da provincia polo que os representantes do PSOE que negociaron co BNG, terán que que darlle explicacións non so a Manuel Martínez, senón a todos os alcaldes socialistas da provincia, que son os garantes de dito pacto.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com