O Pleno da Deputación da un paso máis hacia a xestión directa dos Bombeiros

Xornada de Pleno na Deputación de Lugo, e xornada que arrancou con debate. Aínda que a primeira proposta do Goberno da Deputación, relativa ao Consorcio Provincial de Bombeiros, saíu aprobada por unanimidade, os voceiros dos diferentes grupos políticos non dubidaron en expoñer os seus puntos de vista. 

A proposta recolle certas condicións que impuxo a Xunta de Galicia para que a administración autonómica, responsable legal do 50% dos parques de bombeiros na provincia de Lugo, e polo tanto parte imprescindible do Consorcio; comece a traballar no cambio de modelo de xestión.  Entre as condicións, moi criticadas en pleno tanto polos socialistas como polos nacionalistas, estaba a condición de que a Deputación tiña que asumir os custes extra que puideran darse así como calquera consecuencia xurídica derivada deste cambio de xestión. Algo que para o deputado de Turismo e Representante do Goberno no Consorcio de Bombeiros, Eduardo Vidal Baamonde, quen espuxo este tema ante o pleno, “é un pseudo chantaxe”.

“A tozuda realidade é que se houbo alguén que apostou pola xestión directa foi o goberno que neste momento está dirixindo a Deputación Provincial, non foi o PP que non acudiron nin ás reunións para tratar este tema. E agora nos veñen con imposicións pseudo-chantaxistas, para aceptar unha cousa. Para poder falar de cartos hai que aceptar unha serie de condicionantes; eso si, se a xestión directa é máis barata á Xunta de Galicia válelle, pero se é máis cara que seña a Deputación a que cubra este marrón. Onde está a vara de medir?”, cuestionábase Vidal Baamonde.

Pola súa banda, o Presidente da Deputación, Darío Campos, destacou que “isto non deixa de ser unha chantaxe, pois só asumindo estas condicións podemos realmente avanzar na implantación da xestión directa dos parques de bombeiros no 2019, que supoña a mellora e profesionalización do servizo contraindencios”. Trátase dunha prestación que non existia en Lugo, sendo a única provincia galega que non a tiña ata que “o Partido Socialista na presidencia da Deputación e da Xunta a fixeron realidade”, destacou durante a sesión plenaria Eduardo Vidal.

Do outro lado, a voceira do PP, Elena Candia quen explicou que, malia que este asunto leva enquistado dende o ano 2010 -momento no que o ex presidente da Deputación e o vicepresidente primeiro naquel momento e membro do Bloque Nacionalista Galego, apostaban por unha xestión indirecta para uniformar o sistema que había en toda Galicia-, este Grupo valora agora “este novo paso porque sempre defendemos a mellora do servizo, a equiparación salarial e a dotación de medios”.

Neste senso, Elena Candia apuntou que, por parte da Xunta de Galicia, sempre houbo vontade negociadora, polo que “o argumento de botarlle a culpa non serve”, xa que esta administración investe máis de 2 millóns de euros nos parques. “Nunca nos opuxemos á equiparación salarial, pero si que cremos e defendemos que era importante sentarse para abordar este cambio unilateral da xestión dende que se producía aquel acordo hai sete anos”.

Pero, como non podía ser doutra forma, Candia non se limitou a gabar as boas formas do goberno autonómico, senón que tamén mandou un balón para o tellado socialista: “Cando a Corporación aprobou 300.000 euros para poñer a parte que lle correspondía escoitamos que iso non se podía pagar”, a pesares de que este documento, e así o reproduciu literalmente Elena Candia, [… nada impide que se leven a cabo achegas unilaterais con carácter extraordinario como a que se propón..]. Asemade, apuntou a voceira do PP, “dende o ano 2010 ata o 17 seguimos sen ter un interlocutor, a praza de xerente está baleira, o que evitaría que problemas coma este se terminen enquistando e non chegar a onde chegaron e iso é responsabilidade de todos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com