Podemos afirma que “O Plan de Vivenda do Concello de Lugo queda curto: non aplica a lei estatal nin garante o alugueiro social”

Podemos Lugo presentou este xoves, 23 de outubro, alegacións ao Plan Municipal de Vivenda elaborado polo Concello, co obxectivo de melloralo e garantir que o dereito a unha vivenda digna sexa real para toda a veciñanza lucense. A formación considera que o documento presentado polo goberno local é insuficiente e pouco ambicioso, xa que non incorpora medidas clave da Lei estatal polo Dereito á Vivenda (Lei 12/2023), impulsada polo Goberno de coalición progresista, e que permitiría regular os prezos do alugueiro e frear a especulación inmobiliaria. “Lugo precisa aplicar as ferramentas da lei estatal e declararse zona tensionada.

Non podemos seguir mirando cara outro lado mentres os prezos soben un 10% anual e máis de 1.600 persoas agardan unha vivenda”, afirmou Ximena Cheda, voceira de Podemos Lugo.

As propostas de Podemos Lugo son: solicitar á Xunta a declaración de Lugo como “zona tensionada” para poder limitar os prezos do alugueiro e aplicar índices de referencia. – Crear unha Oficina Municipal do Dereito á Vivenda, que coordine alternativas habitacionais e preste apoio a persoas en risco de exclusión ou desafiuzamento. – Garantir que polo menos o 50% das vivendas municipais ou rehabilitadas sexan de alugueiro social, con prezos adaptados ás rendas reais de Lugo. – Aplicar o recargo máximo do 150% do IBI a grandes propietarios con vivendas baleiras e poñer en marcha un rexistro público municipal. – Reforzar a participación cidadá e a transparencia, permitindo que colectivos sociais e veciñais formen parte da comisión de seguimento do Plan. Un plan de vivenda con enfoque social, feminista e ecolóxico Desde Podemos Lugo lembran que a vivenda é un dereito e non unha mercancía, e que as administracións deben garantir que ninguén quede atrás. “O Concello non pode limitarse a facer anuncios. É hora de construír un verdadeiro plan de vivenda pública e social, que dea resposta ás familias, á mocidade e ás persoas maiores que non poden acceder a un fogar digno”, sinala a voceira de Podemos Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com