Pontón pide que as infraestruturas pendentes en Lugo figuren na axenda da reunión Feijóo-Ábalos

A portavoz nacional, Ana Pontón, puxo sobre a mesa as infraestruturas clave para a provincia de Lugo, que acumulan mesmo décadas de retraso, para que sexan abordadas de xeito preferente no encontro previsto entre o presidente da Xunta e o ministro de Fomento. Entre os deberes que a líder do BNG pon ao xefe doExecutivo, a autovía Lugo-Santiago e as conexións ferroviarias.

“Lugo está perdendo oportunidades por non ter boas comunicacións nin no ámbito das infraestruturas ferroviarias nin nas viarias, -indicou-, segue sen ter conexión por autovía nin con Ourense nin con Santiago e tamén falta conectividade por tren”, destacou, “por iso imos ser moi esixentes co Goberno do Estado porque esta provincia precisa dar un paso adiante” e, neste sentido, reclamou que dese encontro saían algo máis que titulares, saían compromisos con datas e con investimentos plasmados no BOE.

En relación a conexión por estrada entre Lugo-Santiago, “parece a autovía de nunca acabar tras case 30 anos de retraso”, ironizou Pontón, tras pedir a licitación e a execución dos tramos pendentes para que dunha vez por todas, Lugo poda ten esta conexión rápida coa capital do País e, no caso da mobilidade por tren, o BNG demanda a electrificación das vías, o desdobre das liñas e unha conexión entre Lugo e Santiago abrindo un ramal desde Curtis

“Non podemos seguir con máis discriminacións con está provincia tras décadas de goberno do PP e do PSOE”, recalcou Pontón, quen volveu elixir Lugo para explicar proxectos do BNG financiables con cargo ao fondo europeo de recuperación Next Generation, neste caso para impulsar a dixitalización tanto do sector publico como do privado como instrumento de modernización da Administración, da actividade económica e da igualdade de oportunidades.

Proxectos que teñen como punto de partida, explicou Pontón, a creación doConsorcio Galego para a Capacitación e as Competencias Dixitais, unha iniciativa estratéxica de todo o sector público, -Xunta, Administracións Locais, Universidades-, “para promover mobilizar 1.180 M€ até 2027 para situar a Galiza na vangarda da dixitalización no sector público e privado”, investimento para desenvolver cinco grandes programas de dixitalización: de capacitación da poboación, das Administracións, das Empresas, doEnsino e do Patrimonio cultural e arquivístico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com