" />

“Por un Monte Galego con Futuro” denuncia á Xunta polo lume do Courel

Organizacións, ecoloxistas e sindicais, que conforman a plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” presentaron denuncia ante a fiscalía pola inacción da Consellería de Medio Rural ante a vaga de lumes en distintas serras, entre elas a  do Courel”.

Tamén solicitaron á Valedora do Pobo que “actúe de oficio e investigue en profundidade a actuación do goberno galego na prevención e extinción dos incendios forestais para o esclarecemento das responsabilidades penais”.

Sinalan que o dano producido polos incendios forestais, “agravouse debido a que a maioría dos traballos de prevención de incendios previstos para o ano 2022 están sen facer a día de hoxe”.

Ademais sosteñen que o alcance e repercusión dos incendios forestais “tería sido moito menor de activarse todo o operativo de Tempada de Máximo Risco de Incendios” tal e como establece o PLADIGA 2022. Tendo en consideración a situación de alarma por risco extremo de incendio forestal, debíase ademais adoptar as medidas complementarias establecidas nos protocolos de Protección sobre a fauna ou para recoller os animais feridos e tratar de curalos nos centros de recuperación de fauna salvaxe xestionados pola Consellería de Medio Ambiente. A plataforma agarda que a Fiscalía abra unha investigación ante o “enorme prexuízo causado polo desleixo da Xunta”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo