Positivo en Covid19 o Deputado de Promoción Económica e Social

O servizo de comunicación da Deputación de Lugo vén de informar dun novo positivo en Covid19 entre os membros do Executivo Provincial, trátase do Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón. Dende a Deputación, informan asemade, que unha persoa do servizo do Centro de Artesanía e Deseño tivo contacto estreito cun positivo e está aínda pendente do resultado.

Dende a institución provincial aseguran que tomaron todas as medidas para minimizar os riscos de propagación do virus que esixen as autoridades sanitarias, reforzándoas en base aos protocolos propios deseñados polo servizo de prevención da institución.

Entre as medidas destacan a desinfección integral das áreas de Benestar Social e Emprego do Pazo de san Marcos ás que pertence o Deputado que resultou positivo. Ademáis, están a facer un cribado de diagnose ao persoal que tivo contacto estrito ou que traballa nos departamento tanto co Deputado como co traballador do Centrad que está pendente de resultados. As probas realizaránse entre hoxe e mañá. Membros do Goberno e do Gabinete de Presidencia, incluído o propio Presidente, xa fixeron as probas, con resultado negativo.

Por esta mesma razón, a Deputación pecha ao público o Centro de Artesanía e Deseño, como medida de prevencións mentres se descoñecen os resultados das probas de detección da Covid. Así mesmo, todos os traballadores e traballadoras dos servizos de Benestar, Emprego e CENTRAD, e o persoal que tivo contacto estreito tanto co Deputado de Promoción Económica e Social como co traballador do CENTRAD, realizan traballo a distancia, en tanto non se confirmen os resultados das probas e se poida garantir a seguridade na saúde dos traballadores e das persoas que accedan ás dependencias dos mencionados servizos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com