O PP celebra que o Concello reciba da Xunta 60 M€ en 13 actuacións

60.126.787 millóns de euros. Esa é a cantidade exacta que o goberno da Xunta de Galicia destinará á cidade de Lugo nos orzamentos da vindeira anualidade, 2018. Así o anunciaron os populares lucenses, quen avaliaron de “forma positiva” as diferentes partidas económicas que figuran no plan de investimentos.

O voceiro do Grupo Popular no Concello, Antonio Ameijide, e o vicepresidente do PP de Lugo, Enrique Rozas, aseguraron que os compromisos da Xunta de Galicia con Lugo mantéñense e no tocante ás infraestructuras está previsto que se destinen preto de 29.132.516 €.

Os populares explicaron que para o desdobramento Nadela – Sarria hai previstos 28 Millóns de euros ata o 2021. ara esta actuación se contemplan varias anualidades e para este exercicio resérvanse 250.000 € para a redacción do proxecto.  Neste paquete, figuran tamén os 52.516 € para a redacción do estudo de necesidades da estación intermodal; os 450.000 € para actuacións no Plan Paradai e os 500.000 euros para programas de vivenda como son a rehabilitación do casco histórico no marco do REXURBE ou actuacións directas da administración autonómica neste ámbito.

A Consellería de Infraestructuras tamén reserva 130.000 € para transporte metropolitano. En política social, o  concello de Lugo  recibirá da Xunta unha suma de 15.967.653,97 e que se dividen en tres bloques. No primeiro, o municipio contará con máis de 9 millóns para dedicar a maiores e persoas con diversidade funcional, un paquete no que se inclúen 100.000 euros para redactar o proxecto da residencia de maiores dentro do programa Como na casa, o servizo de Axuda no fogar, o mantemento de prazas ou o servizo de Teleasistencia.

Nun segundo bloque, os programas de Inclusión Social se beneficiarán dunha partida de 4.058.379,13 € que se van destinar ao programa reconduce, a o RISGA e para axudas extraordinarias e programas contra a desigualdade económica.

E no terceiros, contan coa xestión do punto de encontro familiar, o mantemento de centros de menores e escolas infantis do municipio no que figura unha partida de 2.505.325,47 euros. A este paquete de investimentos hai que sumar a apertura da escola infantil na zona de Paulo Favio Máximo.

Outra das apostas da Xunta encamiñada á xeración de emprego é o impulso ao Centro de investigación aerotransportada de Rozas onde figura unha partida para a creación dun centro de experimentación de cargas aero transportadas así como unha actuación estratéxica para o desenvolvemento da Civil UAVS Iniciative de vehículos aéreos no tripulados para os que se prevé un investimento de 9.190.000 €.

 

Para actuacións en materia de sanidade consignáronse preto dun millón de euros; 250.000 € para a redacción do proxecto básico do primerio Centro Integral de saúde do barrio da residencia e 200.054 € a adecuación neste espazo da nova oficina de emprego. O investimento de sanidade complétase cos 500.000 € para o programa de coordinación da inspección de saúde pública e os 45.000 € para o laboratorio de sanidade e producción animal.

O concello de Lugo tamén se beneficiará doutros investimentos que están sen territorializar relativos á tecnoloxía, farmacia e modernización. En canto ás Consellerías de Educación e Cultura hai que contabilizar os 500.000 euros para o novo colexio Sagrado Corazón e os 3.587.618 € equipamento auditorio de Lugo. Tamén se investirán preto de 700.000 € na reparación e mantemento da muralla (600.000 € nas obras de consolidación 4 cubos e 92.533 € no mantemento do monumento romano).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com