" />

O PP consegue o apoio para implantar un modelo de xestión de calidade total

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo acadou o apoio de BNG e Ciudadanos para que o pleno aprobara a implantación no Concello de Lugo dun modelo de xestión de calidade total. Os populares explican que con este novo sistema de xestión se “porá coto ao caos que vive a administración local” polo que “tentaremos recuperar a reputación, credibilidade e imaxe do Concello de Lugo”.

Dende o Grupo Popular recordan que se presentou esta iniciativa para acadar “un método de traballo que busca a excelencia” xa que “estamos nun Concello con máis de 600 traballadores”, polo tanto, “é unha das principais empresas” que ten a cidade e á que, “lamentablemente pola incapacidade do goberno local, quédalle moito por mellorar en prestación de servizos”.

Os populares suxiren que dentro deste sistema de xestión se marque un prazo fixo para cada trámite e no caso de incumprimento que se resarza aos cidadáns polos danos ocasionados. Ese é un dos obxectivos da nova forma de xestión pública que queremos para Lugo. “Se un veciño ten que abonar un recargo porque paga fóra de prazo un recibo parece lóxico que o Concello debe dar exemplo e actuar da mesma forma cando a responsabilidade está nas súas mans, explicaron.

O Grupo Municipal do Partido Popular tamén acadou o apoio de Lugonovo, BNG e Ace-EU para que se poña fin á desorganización dos servizos sociais municipais que repercute aos usuarios. Os populares afirmaron que “é preciso” poñer fin “a este caos” e como exemplo puxeron que as citas dos usuarios están sufrindo demoras de ata 2 meses. Desde o Grupo Popular tamén se puntualizou que “un dos motivos do descontrol que hai neste departamento” é que se rixe por un sistema de hai 15 anos que “é preciso actualizar de forma urxente”, un proceso no que deben participar a dirección e os técnicos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo