O PP critica que Méndez non lle ceda os terreos a Fomento para a rotonda da N-VI

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Antonio Ameijide visibilizou a “descoordinación” que hai no Partido Socialista que “esixe a Madrid a execución dunha glorieta, na confluencia da Nacional VI con Alfonso X, cando a obra non se pode realizar porque a alcaldesa, ainda, non lle entregou ao Ministerio os terreos necesarios para acometela”.

Ameijide lembraba que foi en outubro de 2016 cando o goberno central requeriu os metros que se precisan para facer esta rotonda lamentando “o retraso inxustificado e inexcusable de Méndez”. O popular aludíu á resposta que, a unha pregunta por escrito dunha deputada socialista no Congreso matizando que “é sorprendente o caos interno e a casa dos líos socialistas” engadindo que “teñen a cara dura de reclamar esta infraestructura, cando esta, está bloqueada en espera a que o Concello mova ficha e entregue os metros necesarios para a súa construción”.

Na contestación do Ministerio tamén se aclara que “por parte da Deputación se cederon (aínda que todavía non se levou a cabo a súa formalización) parte dos terreos, pero non a totalidade dos requeridos para poder realizar a actuación proxectada”. Ameijide considera “grave que, logo de ano e medio, a alcaldesa siga sen resolver a petición do Ministerio de Fomento sobre todo cando se está falando de solucionar un dos puntos máis conflictivos, e con maior siniestrabilidade do Concello”. “Todos os meses rexístranse colisións de diversa consideración ainda que, moitos deles, resólvense con partes amistosos, este punto é problemático e precisa dun sistema que regule o tráfico e aminore a velocidade para gañar en seguridade vial”.

O voceiro popular explicou que hai tres meses (16 de xaneiro de 2018) o Servizo de Enxeñería presenta un informe no que ratifica que “é posible a autorización por parte do concello das obras a executar previstas por non contravir o disposto no vixente PXOM”. O popular explicou que a maiores deste documento no expediente figuran outros dous informes previos favorables á cesión dos terreos, tanto do Servizo de Arquitectura, con data do 15 de decembro de 2017, como do Servizo de Medio Ambiente con data de 2 de xaneiro de 2018. Á vista desta documentación o popular que pregunta aos socialistas “cales son os motivos polos que o goberno local segue dilatando a cesión destes terreos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo