O PP denuncia “puntos negros” nos novos sistemas de GPS da Policía Local

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, denunciou esta mañá que o novo sistema de transmisións GPS da Policía Local non funciona a pleno rendemento, polo que deixa zonas da cidade sen unha cobertura axeitada (puntos negros) de acordo co novo sistema adquirido hai unhas semanas.

O vicevoceiro popular explicou que na cidade tería que haber tres repetidores que deran cobertura ao novo sistema de transmisións GPS, pero un destes repetidores non funciona xa que non está instalado no punto indicado. Asemade, o PP denuncia que nesa localización non hai subministración de enerxía eléctrica, despois de que o goberno local decidira cortar o subministro hai poucos meses. Para Rozas, esta situación chega por mor da falta de “previsión e coordinación” do goberno local, e non entende como o equipo de goberno ten previsto adquirir o novo sistema de transmisións GPS e, ao mesmo tempo, retira a enerxía eléctrica dun dos puntos nos que habería que instalar un dos tres repetidores que teñen que dar cobertura a este sistema.

O popular asegura que ante esta situación, o GPS deixa zonas da cidade cunha cobertura deficiente. Por iso, Enrique Rozas pide aos socialistas que “solucionen inmediatamente” esta situación e que acometan no menor tempo posible a subministración de enerxía eléctrica no punto no que se ten que instalar o repetidor, para dar “unha cobertura total” ao equipo de transmisións en beneficio da cidadanía.

O popular lembrou que a alcaldesa anunciou hai menos de tres semanas a adquisición de 150 aparatos de comuniciación para os axentes, vehículos e motocicletas da Policía Local, por un valor de 190.000 euros, unha inversión á que, a día de hoxe, non se lle pode sacar todo o rendemento. Enrique Rozas tamén pide ao goberno local que se incorpore ao servizo de Bombeiros e a Protección Civil a este novo sistema de transmisións, xa que despois da inversión realizada “o lóxico é sacar o maior rendemento” ao mesmo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com