" />

O PP denuncia retrasos de dous anos na concesión de licenzas de obras no rural

O concelleiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, acusou esta mañá á alcaldesa, Lara Méndez, de pór “continuas trabas” aos veciños do rural na mellora das súas explotacións e vivendas. O edil popular explicou que o 65% das peticións de licenzas deste ámbito que se resolveron en 2017 levaban máis de dun ano “esquencidas nun caixón”.

A situación de parálise é se cabe ainda moito máis grave tendo en conta que o 85% das peticións resoltas durante o  pasado exercicio corresponden a expedientes de anos anteriores e, incluso, figuran solicitudes que presentaron veciños nos anos 2011 e 2012”, matizou o popular.

Manuel López explicou que “dependendo do tipo de trámite a media de demora de resolución dos expedientes varía” detallando que “facer obra nova, reformas e legalizacións no rural supón unha espera media de 651 días; para conseguir licenzas de construccións agrarias o retraso é de 606 días, mentres que, os veciños que piden licenzas para segregacións ou agregacións parcelarias a demora suma 517 días”.

Para solucionar o atasco na xestión de licenzas de obra no rural o popular solicita á alcaldesa que implante mecanismos de calidade para evitar que continue agravándose a dilación na concesión de permisos “que con Lara Méndez sufriron un severo retraso nos últimos tres anos”. O popular recriminou ademáis que este retraso na obtención de licenzas provoca un escenario de inseguridade xurídica e frena novos proxectos.

Manuel López tamén acusou á alcaldesa socialista “de practicar co rural de Lugo unha política de pantalla e de cara a galería”. Manuel López afirma que “mentres que os de Lara Méndez montan unha Oficina para o Rural, que só sirve para facer propaganda política, o verdadeiramente importante para as parroquias de Lugo segue sen solucionar”. O popular referíase así ao 5% pendente de resolver do PXOM.

“Solucionamos un problema”

A estas declaracións non tardou en contestar o equipo de goberno, neste caso Daniel Piñeiro, o edil de Desenvolvemento Sostible e Persoal quen lle deu a volta ás afirmacións de Manuel López e agradeceu ao popular que “poña de manifesto que solucionamos un problema”. Piñeiro reiterou a excusa máis manida do goberno local para todos os retrasos como é a falta de persoal, pero lonxe de culpabilizar a esta eiva, o que fixo foi resaltar o traballo do equipo de Lara Méndez.

“Fai máis de seis anos xubilouse o enxeñeiro agrónomo que levaba a cabo os informes de obras no rural e, despóis, cando entramos nós no goberno houbo unha xubilación, a do xefe do servizo de arquitectura e eso xerou unha falta de persoal suficiente para informar das licenzas de obra maior”, gabou o edil quen, sen embargo, culpou ao PP do retraso das licenzas: “Con todas as restriccións na materia de persoal impostas pola Lei de Presupostos Xerais do Estado e da Lei de Racionalización Local de Rajoy, intentamos a maneira de reforzar o servizo de arquitectura e enxeñeríapara poder desbloquear ese problema e, ao longo do ano 2017 conseguimos sacar adiante moitas licenzas de obra maior que estaban bloqueadas coa contratación dunha enxeñeira técnica agrónoma e a creación da Oficina do Rural”, explicou o edil.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo