" />

O PP pedirá ao pleno o seu apoio na defensa da prisión permanente revisable

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, anunciou que presentarán no vindeiro pleno unha moción para solicitar ao resto da corporación o seu apoio na defensa da prisión permanente revisable.

Ameijide asegurou que “o Partido Popular mantén o seu apoio á permanencia da prisión permanente revisable no Código Penal, fronte á Proposición de Lei Orgánica que pretende derogar este instrumento penal e que foi apoiada polo resto de grupos parlamentarios do Congreso, a través do seu voto favorable ou da abstención”. Neste senso, o popular asegura que o resto de grupos da oposición terán que explicar por que queren “desterrar” esta figura do ordenamento xurídico español, que se aplica en delitos de extrema gravidade.O voceiro popular recordou que a prisión permanente revisable “é unha pena extraordinaria” que se aplica en casos de extrema gravidade, como: o asasinato dun menor de 16 anos ou unha persoa especialmente vulnerable; o asasinato despois de cometer o autor un delito contra a liberdade sexual da vítima; pertenza a unha organización criminal; o homicidio do Rei ou do herdeiro da Coroa; terrorismo con resultado de morte; homicidio do xefe do Estado estranxeiro ou unha persoa internacionalmente protexida por un Tratado que se halle en España; e nos casos graves de xenocidio e delitos de lesa humanidade.

O popular asegura que neste debate se está a “confundir” o enfoque, xa que en ningún momento se falou de “renunciar” ao mandato constitucional dos artigos 15 e 25.2 (dereito á vida e traballo remunerado para os reclusos), nin a reinserción do penado, pois unha vez cumprida unha parte mínima da condena, “un Tribunal terá que valorar de novo as circunstancias do penado e do delito cometido e poderá revisar a súa situación persoal”, tal e como se indica na exposición de motivos da Lei Orgánica. Por iso Ameijide pide aos grupos políticos da oposición “reflexión e que
escoiten á cidadanía” para que reconsideren a súa postura sobre a posible derogación da prisión permanente revisable.

Supresión “do posto a dedo”
No pleno ordinario de xaneiro, o Grupo Popular tamén defenderá unha moción na que se pedirá a supresión da Dirección Xeral de Recursos Humanos, un posto creado en xuño de 2016. Antonio Ameijide explicou que o seu grupo adopta esta decisión logo de verificar as sospeitas respecto ao cumprimento dos obxectivos inherentes ao cargo. “Na súa comparecencia ratificáronse as nosas sospeitas e confirmamos o que temíamos, que a Dirección Xeral de Recursos Humanos foi un posto político que se creou para designalo a dedo, e que o único que supón é unha duplicidade de funcións porque se lle enconmendan cuestións que son competencia da Xefatura de persoal” puntualizou Ameijide.

Asemade, o Grupo Municipal do PP presentou para debatir neste pleno unha proposición para que se implante un sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e outra móbil. “É preciso desenvolver un sistema mediante o cal poidan relacionarse de forma áxil e eficaz os proveedores interesados en traballar co concello. Unha vez rexistrados recibirían as notificacións de cada novo contrato menor que se oferte respectando as categorías predefinidas previamente”, explicou o voceiro municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo