O PP pídelle á Deputación que pague “urxente” a equiparación salarial dos bombeiros

O Grupo Provincial do PP levará unha moción ao vindeiro Pleno que celebre a Corporación na que solicita que se pague “de maneira urxente”, cos informes pertinentes, a parte consignada no Orzamento da Deputación Provincial de Lugo de 2017 para a equiparación salarial dos bombeiros que prestan os seus servizos na nosa provincia.

Os populares demandan ademais que o Presidente da Deputación de Lugo eleve ao pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento, no prazo máis breve posible, a súa vontade de cambio do actual modelo de xestión polo de xestión directa do servizo como así se acordou o 27 de xuño a iniciativa do PP. Tamén lle piden que dea conta vao pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento, na maior brevidade posible, do informe económico e xurídico no que se concreten actuacións e se establezan prazos para levalas a cabo e no que se xustifique cando menos as vantaxes da xestión directa fronte ao modelo actual; que esta non supoña un menoscabo para os contribuíntes e que a mesma non implique perda dos empregos dos profesionais que na actualidade están a prestar os seus servizos.

Unha vez definidos os asuntos anteriores, desde o Grupo Provincial do PP solicitan que se someta ao pleno do Consorcio o calendario concreto para proceder á mellora das condicións laborais dos traballadores do cadro de persoal dos parques de bombeiros pertencentes ao Consorcio, en particular, a súa equiparación económica en termos de igualdade co resto dos profesionais de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo