" />

O PP propón crear unha mesa de traballo para dinamizar a Tinería

O PP municipal propón crear unha mesa de traballo no Concello de Lugo composta non só polo goberno local senón tamén por un representante da Xunta e outro da Subdelegación de Goberno, para traballar en prol da mellora do barrio da Tinería.

Así o anunciou esta mañá o voceiro do grupo municipal, Antonio Ameijide, quen denunciou que o equipo de goberno “non quere dinamizar este barrio” despois de aprobar no pleno de xullo, co apoio de todos os grupos agás os socialistas, unha moción do PP para potencialo. 

Ameijide asegurou que tanto o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo; como o Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, aceptaron unirse a esta mesa de traballo e facer o necesario por dinamizar o barrio da Tinería. Asemade, o voceiro popular anunciou que esta mesma tarde, e dentro do seu programa de cara a este novo curso político, terá unha reunión cos representantes de veciños e comerciantes do barrio así como representantes de sectores interesados en facer medrar o barrio.

Antonio Ameijide reflexionou sobre a idea de que “se aspiramos a que o recinto amurallado sexa declarado Patrimonio da Humanidade hai que mellorar a estética, a seguridade, a habitabilidade e a funcionalidade dos espazos públicos hai que tender cara a un modelo que embelezca e poña en valor o noso patrimonio evitando actuacións que distorsionen a
paisaxe urbana”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo