" />

O PP súmase ás queixas da Ribeira Sacra polo peche adiantado dos catamaráns

Acaba o servizo de catamaráns pola Ribeira Sacra e faino case como arrancou, envolto en polémica. O sector turístico desta comarca trasladou as súas queixas tras coñecer a decisión do ente provincial de pechar dous meses antes este servizo que cobre as rutas fluviais do Sil e do Miño.

O Partido Popular provincial anunciou esta mañá que apoia á Ribeira Sacra e que presentará unha pregunta no próximo Pleno da Corporación Provincial para saber os motivos polos que o Goberno socialista toma esta decisión que consideran pouco acertada” e que pode danar ao turismo na Ribeira Sacra atendendo aos bos datos que o servizo de catamaráns está a rexistrar.

Desde o Grupo Provincial do PP recordan que a propia Deputación ofreceu os datos sobre as reservas ao inicio da temporada nos que aseguraban que había 10.000 reservas confirmadas ata finais de ano. Por se isto fora pouco, as previsións indican que os vindeiros meses a ocupación será máis elevada que no mesmo período do ano 2016. Así, desde o PP denuncian esta decisión unilateral que vén de tomar a Deputación de Lugo e que sentou un enorme malestar entre o sector turístico, posto que o peche das rutas fluviais traerá consigo un efecto dominó noutros servizos como a hostalería ou ás hospedaxes, entre outros. Os populares consideran inadmisible esta decisión, polo que se interesarán pola posibilidade de que os catamaráns sigan en funcionamento, se non é posible todos os días da semana, cando menos as fins de semana e os festivos, nos que o número de reservas é máis elevado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo