" />

O PP tilda de “bofetada” á alcaldesa que quedase deserto o concurso do guindastre

O Partido Popular interpretou esta mañá como unha “nova bofetada” á estratexia da alcaldesa, o feito de que nin unha soa empresa se presentase ao concurso para asumir o servizo do guindastre municipal. O  viceportavoz popular,  Enrique Rozas, explicou que “ao quedar deserto o concurso do guindastre supón un novo revés á insistencia da alcaldesa de externalizar este servizo”. Rozas cre que “o goberno socialista atravesa unha crise aguda de confianza que frea a participación das empresas nos procesos públicos”.

O Popular avanzou que “na xunta de portavoces de mañá pedirá explicacións á alcaldesa sobre os plans que ten para o guindastre municipal á vista de que quedou deserto o concurso”. “Todos os esforzos que se fixeron só valeron para seguir enredando e atrasando a solución para frear a sangría económica que supón este servizo” engadindo que estamos a falar dunha das concesións máis ruinosas para o concello de Lugo.
O contrato do guindastre está caducado desde o 30 de novembro de 2015 “coa prórroga que lle concedeu a alcaldesa a Cechalva, sen data de caducidade, o concello xa lle pagou con reparos de intervención preto de 1 millón de euros”, destacou Rozas. Por outra banda, desde o Partido Popular pedirán que se reúna de forma urxente a comisión técnica do guindastre para levar a cabo os trámites necesarios para a remunicipalización do servizo solicitada o 4 de marzo de 2016.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo