" />

O PPdeG homenaxea a Fraga en Vilalba con motivo do Día de Galicia

A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, e o secretario xeral dos PPdeG, Miguel Tellado, participaron esta tarde na ofrenda floral que, con motivo da celebración do Día de Galicia, os populares realizaron ante o busto de Manuel Fraga Iribarne en Vilalba, a localidade natal do fundador do partido. Neste acto, Candia e Tellado estiveron acompañados do voceiro no Parlamento galego, Pedro Puy; o presidente nacional de Nuevas Generaciones, Diego Gago; e o alcalde da vila, Agustín Baamonde.

Durante a súa intervención, Elena Candia agradeceu á dirección do PPdeG que, nos actos de celebración do Día de Galicia, “o Partido tamén mirase a Vilalba porque lembrar a Fraga é lembrar a un político e a unha persoa a cal lle temos moitas cousas que agradecer. Foi o fundador do noso Partido, pero se por algo destacou foi pola súa legalidade, compromiso e traballo co PP e cos galegos, xa que, durante as catro lexislaturas, foi quen de transformar Galicia”. Neste senso, subliñou: “quédannos moitas mil primaveras máis para seguir lémbrandoo. Sempre estaremos en débeda cunha persoa tan traballadora e que é un exemplo no noso itinerario como políticos e como cidadáns”.

Pola súa banda, o número dous dos populares subliñou que “para o PPdeG, Galicia é a resposta a todas as preguntas” e lembrou que “os nosos predecesores inculcáronnos que os nosos esforzos sempre deben centrarse en mellorar a nosa terra e servir aos nosos veciños”.

O secretario xeral explicou que o galeguismo é o trazo ideolóxico diferencial do PPdeG, e definiuno como “a reivindicación dunha terra que ten a capacidade de ser próspera, de producir por si mesma e de adaptarse coma calquera aos novos tempos”, fronte aos que o entenden como “a reivindicación dun país que se reprega sobre si mesmo”. Neste mesmo sentido, convidou a que sexa entendido “desde a apertura ao exterior e a vontade de cooperación cos que están ao lado e cos que están lonxe”, e non “desde a confrontación ou o rexeitamento ao diferente”.

Sobre isto, destacou que “cremos humildemente que esta visión do país é compartida pola maioría dos galegos de hoxe, igual que foi compartida polos de décadas pasadas” que sempre respaldaron maioritariamente os proxectos que os populares lles propuxeron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo