A praza de Santo Domingo quedará sen auga mañá para arranxar unha fuga

O Concello de Lugo informa que mañá mércores, día 30 de agosto, haberá un corte parcial no abastecemento de auga na Praza de Santo Domingo dende a primeira hora da mañá. Esta medida débese á reparación, necesaria e urxente, dunha fuga de auga nunha tubaxe. A duración estimada do corte é ao longo de toda a mañá, podendo estenderse á tarde.

Estableceranse os mecanismos necesarios de tráfico para facilitar a mobilidade ás persoas usuarias da vía, dado que vai ser preciso a utilización de maquinaria pesada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo