" />

Presentación da XXXVII edición da Semana Internacional de Cine de Autor

O Museo Provincial de Lugo acolleu esta mañá a presentación dunha nova edición da que probablemente sexa a mellor oferta cultural da cidade, a Semana Internacional de Cine de Autor. Cumpre desta volta trinta e sete anos e terá lugar entre os días 21 e 27 de setembro.

O evento foi presentado polo deputado da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Balado, acompañado de Manuel Curiel Fernández, presidente do grupo cinematográfico Fonmiñá e organizador do evento, o intelectual lucense Xulio Xiz, o vicerreitor do Campus de Lugo, Javier Bueno, Yolanda Gómez, xefa do servizo de Cultura da Xunta en Lugo, e representantes do Concello de Lugo.

Máis de 88 películas chegadas de todo o mundo compoñen este ano o calendario cinematográfico da Semana, que se inagurará o vindeiro luns ás 20.30 no Gustavo Freire, coa premiada Magical Girl, premiada co Goya 2015 á mellor actriz, Concha de Oro á mellor película e mellor director no Festival Internacional de Cine de San Sebastián deste ano, e seleccionada pola Academia para competir nos Oscar americanos.

Xulio Xiz sinalou unha das novidades deste ano no tocante á promoción. “Este ano comezamos unha nova liña especial en canto aos carteis se refire. Ata o de agora convocábamos un concurso e elexíamos un deles. O que fixemos agora é encargarlle a un autor lucense, neste caso o elexido foi Jorge Espiral, e que cada ano recaerá en artistas lucenses de moita valía. A intención, é crear deste xeito ao longo dos anos, unha pinacoteca con estas obras que estou seguro terá un gran valor cultural e sentimental para a cidade de Lugo”.

Pola súa banda, Manuel Curiel, alma máter da Semana Internacional, explicou que esta edición esta dedicada a actriz Mercedes Cora, nacida en Cuba pero criada en Castroverde, e que conta no seu haber con once películas. O Museo Provincial acolle unha mostra sobre a actriz que permanecerá exposta ata o día 27 de setembro. O Concello de Lugo acollerá o martes 22 ás doce da mañá, a presentación do libro sobre a artista escrito por Curiel e coa colaboración de José María Gómez Vilavella, curmán de Mercedes Cora.

Á hora de facer a selección das 410 cintas que chegaron, Manuel Curiel explicou que pasou a Semana Santa enteira pechado na súa casa diante dunha pantalla, “a golpe de bocadillo e viño tinto”. Finalmente as seleccionadas para competir foron 78, máis que en anteriores edicións xa que este ano  entran a concurso as seccións Arte e Cine, Curtas, Colleita Dourada, e a Sección Oficial.

Os nenos lucenses poden asistir gratuitamente ás sesións infantis. “Se ben varios colexios xa contactaron connosco para enviar grupos de alumnos, vimos de remitirlles a todos os colexios invitación expresa para que acudan formando grupos cun responsable ao fronte, comunicándonos previamente a súa intención de asistir”.

A pasada edición preto de sete mil espectadores, entre eles 2.500 nenos, pasaron pola Semana Internacional de Cine de Autor, unha cifra que os organizadores esperan superar este ano.

PROGRAMA COMPLETO

Día 21 de setembro de 2015
20:30h. GALA INAUGURAL. Realchef / Magical Girl. Auditorio Gustavo Freire

Día 22 de setembro de 2015
18:00h. CICLO INFANTIL. Las aventuras del pequeño fantasma. Auditorio Gustavo Freire
20:00h. CICLO “E PARA COMER… LUGO”. Como agua para chocolate. Biblioteca  Provincial
20:00h. CICLO HOMENAJE MERCEDES CORA. La hermana San Sulpicio. Deputación Provincial
20:00h. CICLO AS CURTAS TAMÉN SON CINE. As curtas maís premiadas. Universidad
20:00h. CICLO COLLEITA DOURADA. Zoe / No tengo lugar en esta vida. MIHL
20:00h. CICLO ARTE Y CINE. Retrato de Aida. Museo Provincial
20:30h. CICLO O MELLOR DO ANO. El abuelo que saltó por la ventana y se largó. Auditorio Gustavo Freire
23:00h. SECCIÓN OFICIAL. Tiburones de Copacabana. Auditorio Gustavo Freire

Día 23 de setembro de 2015
18:00h. CICLO INFANTIL. Los cinco y la isla del tesoro. Auditorio Gustavo Freire
20:00h. CICLO “E PARA COMER… LUGO”. Estómago. Biblioteca  Provincial
20:00h. CICLO HOMENAJE MERCEDES CORA. Gloria Mairena. Deputación Provincial
20:00h. CICLO AS CURTAS TAMÉN SON CINE. As curtas máis premiadas. Universidade
20:00h. CICLO COLLEITA DOURADA. La mochila invisible / Karaganda / Trato preferente. MIHL
20:00h. CICLO ARTE Y CINE.  LosaGame. Retrato de un artista outsider / Onde o meu amigo pintou um quadro. Museo Provincial
20:30h. CICLO O MELLOR DO ANO. Siempre Alice. Auditorio Gustavo Freire
23:00h. SECCIÓN OFICIAL. Eso que llaman amor. Auditorio Gustavo Freire

Día 24 de setembro de 2015
18:00h. CICLO INFANTIL. La leyenda del martillo mágico: Thor. Auditorio Gustavo Freire
20:00h. CICLO “E PARA COMER… LUGO”. Brasserie romantic. Biblioteca  Provincial
20:00h. CICLO HOMENAJE MERCEDES CORA. La moza del cántaro. Deputación Provincial
20:00h. CICLO AS CURTAS TAMÉN SON CINE. As curtas maís premiadas. Universidad
20:00h. CICLO COLLEITA DOURADA. 2030, una historia cautiva / La cara del diablo / Hogar / La montaña que llora. MIHL
20:00h. CICLO ARTE Y CINE. Déjame ser / En clave de Órtifus. Museo Provincial
20:30h. CICLO O MELLOR DO ANO. Timbukto. Auditorio Gustavo Freire
23:00h. SECCIÓN OFICIAL. MIR. Auditorio Gustavo Freire

Día 25 de setembro de 2015
18:00h. CICLO INFANTIL. A tropa de trapo na selva do arco da vella. Auditorio Gustavo Freire
20:00h. CICLO “E PARA COMER… LUGO”. Un viaje de diez metros. Biblioteca  Provincial
20:00h. CICLO HOMENAJE MERCEDES CORA. El Pórtico de la Gloria. Deputación Provincial
20:00h. CICLO COLLEITA DOURADA. Waiting fot the (T)rain / Violeta / Z / ¿Quién es Libertad Lionetti? / Greenland / Espés. MIHL
20:00h. CICLO ARTE Y CINE.  El Hombre tumbado / Pepín Bello. el hombre que nunca hizo nada / Rupestre. Museo Provincial
20:30h. CICLO O MELLOR DO ANO. Black Coal. Auditorio Gustavo Freire
23:00h. SECCIÓN OFICIAL. La sonrisa verdadera. Auditorio Gustavo Freire

Día 26 de setembro de 2015
18:00h. CICLO INFANTIL. Los caballeros del zodiaco: La leyenda del santuario. Auditorio Gustavo Freire
20:00h. CICLO COLLEITA DOURADA. El viaje de Leslie / Idiotas / Unary. MIHL
20:30h. CICLO O MELLOR DO ANO. Leviathán. Auditorio Gustavo Freire
23:00h. SECCIÓN OFICIAL. Pechorín. Auditorio Gustavo Freire

Día 27 de septiembre de 2015
19:00h. GALA CLAUSURA. La vieja música. Auditorio Gustavo Freire

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo