Presentación das obras de rehabilitación do antigo hospital San Xosé para converterse na nova sede de ASPNAIS

, asistiron esta mañá a presentación do proxecto de rehabilitación do antigo hospital Provincial de San Xosé para convertilo nun fogar residencial, centro de dia e centro ocupacional de Aspnais.

No acto, ao que asistiron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por membros do Goberno Local, e diferentes autoridades, o Presidente de Aspnais, José Reigosa, explicou que con esta nova infraestrutura mellórase a calidade e vida de persoas con discapacidade mental de concellos de toda a provincia de Lugo.

O Concello de Lugo concedeulle unha subvención nominativa de 130.000 euros a Aspnais para o financiamento da redacción do proxecto. A concesión desta subvención foi acordada polo Pleno da Corporación Local.

As novas instalacións que contan cunha superficie de 17.000 metros cadrados de terreo dos que 9.000 metros son de edificacións, reformaránse para a creación de habitacións, sala de obradoiros, talleres, despachos e apartamentos tutelados. Desta maneira, a capacidade destas novas instalacións poderá chegar ás 200 persoas e conta cun presuposto para a execución da obra de 3 millóns de euros aproximadamente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com