Presentación do programa cultural das Festas do San Ramón de Vilalba

O Concello de Vilalba vén de presentar a programación cultural que complementará as Festas patronais de San Ramón e Santa María, cun concerto de música folk e cincoespectáculos infantís. A alcaldesa, Elba Veleiro, acompañada polas concelleiras de Cultura e Infancia e Mocidade, Vanesa Siso e Antía Rama respectivamente, anunciaron as actuacións organizadas polo Concello.

O día 26 de agosto chegará a Vilalba Uxía Lambona e a Banda Molona, unha banda de música infantil que recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular. Terá lugar na Praza de Santa María ás 19 horas.

As máis pequenas e pequenos contarán, como todos os anos, cun día dedicado exclusivamente aos seus xogos, o Día Infantil, 27 de agosto desde as 16:30 horas na Praza da Constitución.

Ao día seguinte, 28 de agosto, Os Fabulosos Cleaners achegarán un espectáculo de pompas de xabón ás 19 horas no Auditorio Municipal, toda unha experiencia visual para toda a familia.

Iniciado o mes de setembro, tamén se contará cun espectáculo de Ilusións Ópticas, o día 3 ás 18 horas na Praza da Constitución.

Tamén haberá espazo para a música clásica adaptada a crianzas, da man de Arcos Iris, un sexteto de corda frotada formado por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, co seu traballo “El mundo suena”, realizando máis de cen concertos didácticos desde a súa creación. Actuarán o 4 de setembro, ás 19 horas no Auditorio Municipal.

 Ao día seguinte, 5 de setembro, no mesmo lugar e hora, Tanxarina sorprenderá con “A Galiña Azul”, un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade no que se empregan diversas técnicas de manipulación de bonecos, teatro, música e cancións.

Xabier Díaz actuará o venres 6 de setembro ás 22:30 horas na Praza de Santa María, co seu repertorio de Noró, un novo traballo compartido coas Adufeiras de Salitre que pon acento nas músicas que habitan o noroeste peninsular.

Todas as actuacións serán de balde, mais nas que se realicen no Auditorio Municipal,poderanse recoller entradas numeradas na Casa da Cultura ou en Ataquilla a partir dovindeiro luns, 12 de agosto.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com