" />

Presentación do programa oficial do San Froilán 2019

No día de hoxe presentouse o programa oficial desta edición do San Froilán  que arrincará o vindeiro domingo 29 cunha sesión vermú na praza Agro do Rolo. O “Quentando Motores para o San Froilán” contará con Rachel & The Blue Batons e Malditos Pendejos a partir das 13 horas.

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, anunciou que esta é a edición “máis social” do San Froilán. Na edición deste ano triplicaranse os puntos lilas, onde especialistas en materia de igualdade traballarán en informar, concienciar e dar pautas para evitar situacións de acoso e violencia machista, e proporcionarán apoio, refuxio e asesoramento no caso de que acontezan. Ademais, por primeira vez contarase cun posto antirruido, en colaboración coa asociación Raiolas Lugo, para que nenos e nenas con TEA e TCS poidan desfrutar das festas.

O programa estará impreso nos próximos días e pode descargarse xa na web sanfroilan.info

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo