Presentación do VII Torneo de Verán de Fútbol Base Cidade de Lugo

O Concelleiro de Deportes e Infraestruturas Urbanas, José Manuel Díaz Grandío, e o presidente e director deportivo do club ADC Sagrado Corazón, Jesús Pereira e Pablo Iglesias, respectivamente, presentaron este mércores no Salón de Plenos do Concello o VII Torneo de Verán de Fútbol Base Cidade de Lugo, que terá lugar esta fin de semana, entre venres e domingo, nos campos municipais das Gándaras 1 e 2.

O Concello de Lugo colabora con esta iniciativa, na que participarán uns 700 xogadores e xogadoras e 14 clubs das provincias de Lugo, A Coruña e Ourense, posto que se enmarca dentro do seu apoio a todas as modalidades deportivas de base. No acto de presentación tamén estiveron presentes o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero, e o Deputado provincial de Deportes, José Manuel Yanes Ginzo.

No acto, Díaz Grandío mostrou a súa satisfación por presentar a sétima edición desta competición deportiva “comprometida co deporte de base, que co paso do tempo se consolidou como un dos eventos futbolísticos de base máis destacados dentro do panorama galego”, ao tempo que destacou “a gran oportunidade que supón este evento para que os máis cativos practiquen deporte”. O edil tamén agradeceu o “esforzo que fai un ano máis o club Sagrado Corazón por levar adiante este torneo”.

Pola súa banda, Pereira agradeceu o apoio da entidade local co Club Sagrado Corazón, que este ano cumpre 50 anos, e a colaboración con este torneo, que reúne nesta edición case o dobre de equipos de precedentes torneos.

No VIII Torneo de Verán de Fútbol Base Cidade de Lugo, no que se celebrarán 46 encontros futbolísticos, participarán 27 equipos nas categorías infantil, cadete e xuvenil masculino e infantil femenino. Dentro da categorías de infantil masculino, xuvenil masculino e cadete masculino hai 2 grupos, A e B; mentres que no infantil feminino soamente hai un grupo único, SD Orzán, SCD Milagrosa e Victoria CF.

En infantil masculino xogarán, no grupo A, ADC Sagrado Corazón, SDC Residencia, Ribela e SdeC Polvorín; e no grupo B, Sarriana, CD Lugo, SCD Milagrosa e SD Becerreá. No que se refire a cadete masculino, no grupo A englóbase aos equipos ADC Sagrado Corazón, SDC Residencia, EF Carballiño e SD Becerreá; e no grupo B; SCD Milagrosa, Sarriana, Ourense CF e SDeC Polvorín.

Os equipos que disputarán partidos dentro da categoría xuvenil masculino son ADC Sagrado Corazón, SDC Residencia, Iberia CF e SdeC Polvorín, dentro do grupo A; e SCD Milagrosa, SD Becerrá, Viveiro CF e CD Lugo, no B.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com