Presentación do XIII Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC

Esta maña presentouse esta mañá o 13º Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC.

Este foro artístico, pioneiro en Galicia e tamén dos máis lonxevos do panorama universitario español, congregará os días 22 e 23 de abril na caixa negra do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) catro compañías de danza nacidas do Espazo de Danza da USC nos campus de Lugo e de Santiago (DanzaUSCompostela, DanzaUSCLugo, Lembranzas e O 3º Sorriso), que presentarán distintas producións propias segungo explicou Carmen Basadre. As entradas para esta actividade son gratuitas e o límite ata completar aforo.

A compañía ‘O 3º Sorriso’, unha formación de nova creación que saíu do curso de danza creativa incluído na oferta formativa do IV Ciclo no campus de Lugo, abrirá o 22 de abril a partir das 20.30 horas o programa de representacións con Sen vergoña, con coreografía de Rosa Acuña.

O xoves 24 as actuacións comezan coa Compañía Independente de danza da USC- Lembranzas que executará Cruce de camiños ás 20.30 e seguirá coas actuacións da compañía de danza da USC en Compostela co traballo Mentres tanto, un segundo e finaliza coa posta en escea do Clic, da man dos tres integrantes da compañía de danza da USC en Lugo, tal e como explicou Juan Carlos Zahera.

Trátase dunha actividade incluida na programación cultural financiada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, do que na actualidade forman parte o Concello de Lugo, a Deputación Provincial de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela, e que chega este ano á súa décima terceira edición caracterizándose por unha marcada aposta por darlle visibilidade ao traballo propio, unha produción cada vez maior e de probada calidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com