" />

Presentado o I Ciclo de Cine Arqueolóxico

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou o I Ciclo de Cine Arqueolóxico.

Por primeira vez, vaise a celebrar o I Ciclo de Cine Arqueolóxico en colaboración co Festival Internacional de Cine Arqueolóxico do Bidasoa, que recolle os mellores documentais de temática antiga que pasaron por un dos festivais máis prestixioso de Europa neste xénero.

En total serán 8 documentais, catro de temática castrexa e catro de temática romana, que se proxectarán na Sala de Grupos do Museo Interactivo da Historia. Este ciclo abriráo o día 14 de abril o documental francés Cando os galos perderon a cabeza dirixido por David Geoffroy e que estará en versión orixinal subtitulado. Este traballo ambientado na Idade de ferro recibiu o Gran Premio do Festival no 2012. A continuación proxectarase Tras as pegadas dos celtas tamén de orixe francés e dirixida por Marc Jampolsky.

O martes 21 de abril terá lugar a proxección de Los festines de Luern, unha investigación arqueolóxica sobre as festas galas dirixida por David Geoffroy e que tamén está ambientado na Idade de Ferro. A continuación, poderase visionar unha producción española dirixida por Jose Manuel Novoa titulada El legado celta.

Os documentais de temática romana comezan o martes 28 de abril co documental francés Arles-Rhône 3: do río ao museo, e que no ano 2014 conseguiu  o premio ARKEOLAN á divulgación científica. O seguinte traballo visionado será a obra tamén de orixe francés, O Impero romano: lexionarios de Roma, dirixido por Serge Tigneres.

O ciclo remata o martes 5 de maio coa proxección de O perfume recuperado dirixido por Luc Ronat e que versa sobre a reconstrución das fragancias dun perfume milenario italiano. O último documental de orixe italiano será Herculano, diario da oscuridade e da luz dirixido por Marcellino de Bagis.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo