" />

Presentados os medios para a campaña de inverno nas estradas

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentou hoxe en Pedrafita do Cebreiro os medios dispoñibles en Galicia que poderán ser despregados ante situacións climatolóxicamente adversas. Ao acto acudiu tamén o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e a de León, Teresa Mata, quenes presentaron a súa vez o protocolo específico de cooperación entre as dúas provincias para garantir a vialidade na rede de Estradas do Estado na provincia de Lugo e na vertente leonesa do porto de Pedrafita.

En canto aos medios presentados polo Delegado do Goberno e que se utilizarán nos 2.423 quilómetros da Rede de Estradas do Estado e das autopistas de peaxe na comunidade galega, están conformados por 91 camións quitaneves, casi 20.000 toneladas de sal acumuladas e unha  capacidade de almacenamento de máis de 3.000 m3 en depósitos para salmoira. Incrementase así, respecto á campaña anterior, un camión quitaneves na provincia de Lugo. Ademais, aumenta a capacidade total de almacenaxe de sal a granel en Galicia en máis de 2.000 toneladas e en máis de 65.000 litros de salmoira. Un total de 483 efectivos humanos traballarán nesta campaña, incluíndo ao persoal de autopistas.

Dentro das operacións de vialidade invernal está previsto efectuar tratamentos preventivos e curativos no firme en situacións de baixas temperaturas nos sectores de autovías, autopistas e estradas convencionais afectadas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo