" />

Preséntase o XI Certame Condado de Pallares impulsado polo Goberno da Deputación

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este mércores no Museo Provincial de Lugo a XI edición do Certame de investigación Condado de Pallares que organiza a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. Acompañárona o Alcalde de Guntín, Xesús Carreira Ferreiro, o Tenente Alcalde de Taboada, Luis Gómez García, o Presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, Carlos Vázquez, o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez e o Director da Sucursal Abanca de Guntín, José Rodríguez Fresnillo.

Pilar deixou claro que “dende o Goberno da Deputación colaboramos con este tipo de iniciativas porque somos conscientes da importancia de fomentar e poñer en valor o estudo da nosa cultura, historia e patrimonio, unha riqueza que non podemos permitir que desapareza. Por este motivo, é necesaria a implicación de todas as administracións públicas no eido da investigación porque crea un valor engadido para a nosa provincia”.

No certame, poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sempre que presenten escritos orixinais e inéditos en lingua galega, axustados á normativa do 2003, sobre temas lingüísticos, históricos, artísticos, arqueolóxicos, antropolóxicos, etnográficos e folclóricos, cinguidos ao ámbito territorial dos Concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo. A extensión dos escritos é ilimitada, e contarán cun mínimo de cen folios e o gañador recibirá un premio de 3.000 euros, a parte de ver publicada a súa obra.

Por último, Pilar aclarou que o xurado estará composto por 3 profesionais do sector cunha ampla traxectoria recoñecida no ámbito dos estudos histórico e da Universidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo