Preto de 2.900 corredores disputarán a carreira popular Corre con Nós

A carreira popular Corre con Nós, enmarcada na 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós, partirá este sábado, 2 de abril,  do paseo do Rato á altura da Tolda.  Esta é a a terceira carreira deste circuíto, que engloba 6 probas ata xuño. Terá un recorrido de 6 quilómetros para os adultos e entre os 400 metros e os 3 quilómetros para as categorías infantís.

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, lembrou que o circuíto desta carreira, cun trazado íntegro de asfalto, non se empregaba dende o ano 2011, “que quixemos recuperar tanto pola demanda dos corredores, pois forma parte dos adestramentos diarios de gran parte dos lucenses, así como polo entorno polo que discorre”. O edil tamén fixo fincapé no éxito do Corre con Nós, que cada vez reúne a un número máis elevado de participantes, preto de 2.900 neste ano, “o que da boa mostra da consolidación desta carreira popular”.

Saídas

A carreira partirá do paseo do río Rato, á altura da Tolda, entre as 16:30 e as 17:00 para a categoría mini  (nados no 2010 e 2011), a categoría A (nados no 2007, 2008 e 2009), B (2004, 2005 e 2006) e C (2001, 2002 e 2003). Ás 17:15 horas terá lugar a saída para a categoría adulta.

As vindeiras probas do circuíto terán lugar o domingo 17 de abril, así como o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño.

A recollida de dorsais dos novos inscritos ou de todos aqueles que non o fixeron para a proba anterior farase na tenda de deportes Ndorfina Sport, na praza de Campo Castelo, ata mañá vernes, 1 de abril.

Máis información en www.lugo.gal

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com