Preto de 40 incidencias por vento e choiva na provincia durante o domingo

Un total de 125 incidencias foron xestionadas en Galicia durante o día de onte no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112. Afortunadamente ningunha delas causou, en ningún momento, danos persoais. A maioría dos incidentes rexistrados tiveron que ver coa caída de árbores nas estradas, seguidas das relacionadas coa prevención de riscos e as rexistradas pola presenza de obxectos varios nas estradas. Así A provincia de Lugo foi a segunda máis afectada, por detrás da Coruña, rexistrando preto de 40 incidencias.

Entre os sucesos máis graves rexistrados na cidade de Lugo estivo a caída dunha cheminea, ocasionada polo vento, na rúa Luis Seoane, e que se desplomou sobre un vehículo que estaba estacionado. Outras incidencias rexistradas pasaron por desprendementos de lousas, a caída dunha pedra de grandes dimensións da Muralla, ou unha importante fuga de augas residuais.

En canto ao resto da provincia, o vento e a choiva deixaron alertas laranxas en toda a costa galega e viñeron acompañados de numerosas incidencias na Mariña onde se chegaron a acadar refachos de ata 124 kilómetros por hora, na estación de Viveiro.

Pero a cousa non acaba aquí, o litoral de Lugo continúa hoxe en alerta laranxa por ondas que poderías superar os 5 metros ata a media tarde. Tamén se prevé alerta amarela por fortes ventos. Segundo meteogalicia, as temperaturas sufrirán un lixeiro descenso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com