" />

A programación cultural da Deputación no mes de marzo rexistra un total de máis de 1.200 participantes

A Deputación de Lugo resaltou esta mañá a alta participación que tiveron as actividades que o executivo provincial programou para o mes de marzo e principios de abril. 

Así, a Deputación contabilizou máis de 250 participantes nas actividades que tuveron relación cos Días Europeos da Artesanía e que foron os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril.

Nesta programación se contaba con 3 roteiros durante a fin de semana para visitar os diferentes obradoiros artesáns de toda a provincia, ademáis dunha xornada de portas abertas no CentrAD no que se puido visitar a Exposición Plastihistoria da Ciencia, a Colección de Instrumentos Musicais e os obradoiros de Moble, Libro e Instrumentos Musicais.

Pilar Garcia Porto, deputada de Cultura, valorou positivamente esta participación dos lucenses o que anima á deputada a seguir facendo programación cultural para o público.  

Asemade, as cifras de visitantes foron positivas tamén nos concertos que a Deputación ofreceu o mes de marzo na Capela de Santa María, no que todos rexistraron “cheo absoluto” chegando, en total, ás 1.000 persoas.

García Porto subliñou que “con esta iniciativa conseguimos consolidar unha programación musical de calidade que ten a súa raíz no ámbito tradicional, achegando aos veciños de Lugo concertos de primeiro nivel totalmente gratuítos. Ademais, axudamos a fomentar e difundir o traballo dos artistas da provincia e dinamizamos a vida cultural da cidade, propoñendo un plan alternativo durante as fins de semana do mes de marzo”.

En paralelo aos concertos, a Capela de Santa María acolleu ata o 26 de marzo a exposición fotográfica Outras Miradas, da fotógrafa Alex F. Con esta colección de 20 instantáneas, a autora reflectiu a rotura de pautas sociais establecidas, e ao mesmo tempo, mostrou as desigualdades e discriminacións que sofren as mulleres a diario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo