Propietarios de vivendas no Camiño Primitivo recibirán axudas á rehabilitación

A Delegación territorial da Xunta en Lugo organizou esta tarde en Friol unha xornada informativa sobre axudas para a rehabilitación de vivendas na que técnicos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda explicaron as distintas liñas postas en marcha polo Goberno galego neste ámbito.

A xornada centrouse moi especialmente nos apoios previstos no marco da área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, de recente convocatoria, e para cuxas axudas o Goberno galego reserva máis de 2,8 millóns de euros, segundo lembrou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Así, as comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas nas parroquias polas que discorren as rutas xacobeas poderán acceder a axudas a fondo perdido de ata 15.000 euros.

En concreto, o importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán poderán cubrir ata o 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite máximo do 10 por cento do orzamento.

As persoas interesadas en acceder a estas axudas poderán solicitalas ata o 31 de outubro de 2018, salvo que se esgote antes o crédito orzamentario.

As obras de rehabilitación deberán estar rematadas e calificadas definitivamente antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das axudas (31 de outubro). As que non cumpran estes requisitos poderán beneficiarse das axudas en posteriores convocatorias das mesmas, xa que na Ari dos Camiños de Santiago o prazo para a solicitar a calificación provisional (antes da finalización das obras) e a calificación definitiva (unha vez rematadas as obras) está aberto permanentemente.s directas en caso de infravivenda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com