" />

Proseguen as xuntanzas entre os partidos presentes no novo consistorio

A alcaldesa Lara Méndez e Olga Louzao, concelleira e responsable en Lugo de Cidadáns mantiveron esta tarde unha xuntanza no Concello para falar sobre os pactos de goberno e a organización e acomodo das novas forzas políticas no consistorio.

A concelleira do partido de Albert Rivera declarou que “desde Ciudadanos Lugo acudimos a todas las convocatorias de reuniones, con afán de diálogo y con la esperanza de aportar ideas”.

A representante de Cidadáns engadiu que “la reunión se desarrolló en un clima distendido. Se abordó la disposición de locales para grupos municipales y el deseo por parte de Ciudadanos de colaborar con su trabajo en el correcto desarrollo de las labores del Concello”.

Asemade Louzao manifestou que tanto ela como o seu compañeiro Jesús Expósito teñen “ deseo de empezar a conocer a las personas responsables de los distintos departamentos del ayuntamiento e intercambiar impresiones con ellos, para conocer de primera mano las labores que se realiza en estos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo