O PSOE de Vilalba reclama explicacións ao concello sobre a roza de terreos particulares

Algunha das accións que desenvolven os populares dende o goberno de Vilalba centran, de novo, a polémica tras a petición por parte do Grupo Municipal Socialista de información sobre o roza de solares particulares levados a cabo por unha cuadrilla de traballadores municipais.

Segundo os socialistas, “esta mesma semana foron vistos realizando tarefas de roza nas inmediacións da propiedade do xefe de Protección Civil, así como nos arredores dunha propiedade dun recoñecido militante do PP vilalbés”, na confluencia das rúas do Sol e Concepción Arenal coa Ferrería.

Tal e como ven de afirmar a voceira socialista Elba Veleiro, “diante da posibilidade de que unha vez máis sigan a producirse as cacicadas que denotan a clasificación dos veciños e veciñas vilalbesas en cidadáns de primeira e de segunda, desde o grupo socialista solicitaremos por escrito o acceso ao expediente polo que unha cuadrilla de traballadores municipais está a realizar rozas en fincas particulares”.

O PSOE afirma que de non haber resolución do oportuno expediente coas notificacións correspondentes aos interesados, “pediremos unha vez máis a asunción de responsabilidades políticas polo feito de que o goberno presidido por Agustín Baamonde estaría a favorecer descaradamente os intereses de determinadas persoas afíns ao seu partido, menosprezando á maioría de vilalbesas e vilalbeses para os que prometen, campaña tras campaña, que van gobernar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com