PSOE e BNG arrancarán negociacións a vindeira semana

Preto dunha semana despois dos comicios municipais, a alcaldesa de Lugo en funcións, Lara Méndez anunciou onte que encabezará as negociacións co BNG para tratar de formar un goberno bipartito para os vindeiros catro anos. Nesta comisión de negociadores tamén estarán presentes, por parte dos socialistas, o voceiro do goberno en funcións, Miguel Fernández, e o número dous da candidatura, Álvaro Santos.

Por parte dos nacionalistas, o equipo de negociadores estará formado polo actual voceiro da formación, Rubén Arroxo e os dous seguintes na lista das municipais, Maite Ferreiro e Alex Penas. Os nacionalistas acordaron onte en asemblea o reparto de áreas que debería solicitar o partido para abordar a negociación. Así, as bases consideraron que o BNG debe intentar facerse coas que lle permitan “mellorar a mobilidade” ou o acondicionamento da praia fluvial, dúas das accións que a agrupación nacionalista leva anos prantexando ao executivo.

A primeira das reunións formais podería ter lugar a principios da vindeira semana.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo