A edil de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo, Iria Buide, anunciou que a concellería de Educación vén de publicar hoxe a listaxe provisional das axudas de libros de texto e material escolar dirixidas a familias con baixos recursos económicos.
Buide afirmou que “das 711 solicitudes presentadas, adxudícanse as 400 axudas individuais de 100€ cada unha, cubrindo os 40.000€ de orzamento deste plan, que serve para facilitar que todas as nenas e nenos poidan acceder ao material escolar”.
A listaxe pode consultarse no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo e no do Servizo de Educación. A partir de agora, ábrese un prazo de 10 días hábiles (ata o 1 de setembro) para reclamacións, antes de publicarse a listaxe definitiva e comezar a entrega de vales.
Como novidade este ano, as bases permiten incluír entre os materiais subvencionables elementos como botellas reutilizables de auga ou xogos específicos recomendados polos centros, sempre que estean xustificados. A dotación total da convocatoria é de 40.000 euros, repartidos en 400 cheques de 100 euros cada un. O único criterio de baremación é a renda per cápita da unidade familiar, cun tope do 85% do IPREM.