Abre o prazo para participar no concurso en TikTok contra a trata e a explotación sexual de mulleres

Abre o prazo para participar no concurso en TikTok para sensibilizar sobre a trata de mulleres con fins de explotación sexual. Este certame, posto en marcha polo Concello, ten como obxectivo potenciar a reflexión e a concienciación sobre a igualdade e contra a explotación sexual e tráfico de mulleres a través da actividade creativa. Para isto, elixiuse a rede social TikTok, pola facilidade de creación dos vídeos que proporciona e por ser unha das redes sociais favoritas da mocidade.

O certame conta con dous premios: un primeiro premio dotado con 200 euros e un segundo con 100 euros. A participación, que é gratuíta e online, estará aberta ata o 23 de setembro de 2022, coincidindo co Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, e as persoas gañadoras daranse a coñecer o 30 de setembro de 2022 tras o fallo do xurado, que estará formado por representantes do Concello de Lugo, a Casa da Muller de Lugo e personalidades do sector audiovisual, entre outros.

Para formar parte do certame só hai que subir un vídeo á rede TikTok, co cancelo do concurso (#Lugoporlaigualdad) e cubrir o seguinte formulario de inscrición: https://cutt.ly/xXhecdm, onde tamén se poden consultar as bases.

A duración máxima das obras será dun minuto e pódense empregar todas as posibilidades creativas que proporciona a propia rede social, sendo imprescindible que a conta sexa pública. Poderán participar todas aquelas persoas que residan, traballen, estudien ou naceran en Lugo maiores de 14 anos e non serán admitidas obras con linguaxe xenófoba, machista, homófona, racista, violenta ou de incitación ao odio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com