Publícanse as listaxes provisionais de adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais

O Concello de Lugo anunciou que se veñen de publicar as listaxes provisionais de adxudicación de prazas nas escolas infantís xestionadas polo Concello para novos alumnos das escolas.
O período de alegacións estará aberto ata o 4 de xuño, e o procedemento continuará a partir desa data coa publicación definitiva das listaxes e a apertura do período de matrícula. As listas poden consultarse nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación.
A formalización da matrícula terá lugar na escola onde a nena ou o neno foi admitida ou admitido, no prazo establecido na resolución definitiva. No caso de producirse renuncias de prazas, as prazas vacantes nas escolas ocuparanse coas solicitantes que figuren na lista de agarda única para as catro escolas, elaborada por idades e sempre de acordo coa puntuación obtida no procedemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com