" />

Queixas do BNG pola escasa iluminación na Garaballa e pola convocatoria da Comisión de Festas

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas, tras unha visita á zona de Albeiros, afirmou que “algunhas das persoas que viven na Garaballa camiñan a oscuras e sen beirarrúas para chegar ás súas casas”. Estas foron as demandas que recibiron os ediles do BNG-AA por parte dalgúns veciños e veciñas na súa visita á zona.

Tanto Rubén Arroxo como Maite Ferreiro comprobaron como para chegar a algunhas das casas da Garaballa os veciños teñen que transitar por zonas pouco seguras para os peóns e cunha escasa iluminación.

“É un verdadeiro perigo poder chegar a casa atravesando estradas con moitísimo tráfico, sen beirarrúas e cunha escasa iluminación. O goberno municipal debería dotar os accesos a este grupo de vivendas de máis iluminación, zonas de seguridade para o tránsito de peons e pasos de cebra para garantir que poidan cruzar sen perigo as vías que son arterias principais de acceso á cidade”.

Doutra banda,  a edil do BNG – Asembleas Abertas, Maite Ferreiro, criticou hoxe que a Comisión de Festas fora convocada polo goberno municipal formalmente onte ás 19:18 horas a traveso do correo electrónico. “Non consideramos normal que se nos convoque dun día para outro e que se nos entregue unha documentación incompleta e a menos de dúas horas da celebración da comisión”.

Ferreiro explicou que “para hoxe tíñamos prevista, como fixemos todos estes días, unha visita ás concentracións de gandeiras e gandeiros que hai nas industrías lácteas” e engadiu que “estamos onde temos que estar, coa xente”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo