Rábade estrea melloras na estación de tratamento de augas

A Deputación mellorou a estación de tratamento de auga potable do municipio de Rábade, que optimizará o funcionamento xeral do servizo de abastecemento a todos os veciños da localidade. Trátase duns traballos financiados polo organismo provincial con 57.000 euros. Con estes traballos, mellórase a calidade da auga potable que se subministra a 1.500 veciños, así como a detección e localización rápida de avarías na propia rede de abastecemento.

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, que quixo coñecer de primeira man o resultado dos traballos que se executaron, subliñou que “as melloras na estación de tratamento de auga non soamente facilitan o servizo de mantemento dos depósitos, xa que conta con sistemas automáticos para o control e xestión dos filtros ou para a análise da turbidez do líquido, senón que estas obras supoñen un incremento da calidade da auga que consume a poboación. Desde o Executivo somos conscientes da necesidade de dotar ao rural de infraestruturas e servizos para mellorara a calidade de vida dos nosos veciños”.

As actuacións de mellora incluíron a automatización do sistema de filtros na captación de líquido desde o río Ladra; do de floculación para o control e a dosificación dos produtos reactivos na análise da potabilidade da auga; do revestimento das paredes dos depósitos para reforzar a súa impermeabilidade, así como a desinfección interior dos tanques. A estación de tratamento de auga potable de Rábade carecía de sistema automático para controlar e xestionar o proceso de medición do líquido. A tarefa tiña que realizarse forzosamente mediante persoal de mantemento, o que resultaba pouco eficiente para solventar as incidencias no subministro, ademais das demoras no arranxo de avarías.

Así mesmo, impermeabilizáronse os depósitos, cunha láminas de PVC termosoldada que reviste a totalidade da superficie en contacto co líquido elemento, solucionándose así os problemas de filtracións e fugas dos tanques, na almacenaxe de auga captada do río Ladra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com