Ramón Carballo reclama que se cubran canto antes as xefaturas do Concello

O voceiro Popular Ramón Carballo xunto con edís do Grupo municipal iniciaron hoxe unha rolda de visitas das distintas dependencias municipais. Na casa do concello deron a benvida aos funcionarios de intervención que, dende hoxe, ocupan a zona onde estaba persoal, aos funcionarios de cultura e tamén aos de actas.

Ramón Carballo afirma que o seu equipo manterá un contacto directo co persoal e afondou na idea de que “hai que recuperar a imaxe da institución e poñer en valor os profesionais que hai na casa”.

O voceiro do Grupo Popular puxo de manifesto que “é necesario darlle unha volta ao Concello dende dentro. Urxe acabar coa parálise e mellorar a prestación de servizos aos cidadáns”.

Tras achegarse hoxe algunhas das dependencias municipais Ramón Carballo reclamou que se cubran, canto antes, as xefaturas que a día de hoxe están sen responsable como son: arquitectura,   bombeiros, protocolo, banda de música ..

Por último o popular agarda que “tendo en conta que son un equipo no que todos os concelleiros cobran soldo non terán o descaro de recurrir ás figuras dos directores xerais” xa que suporía “duplicar aínda máis o custe do goberno”

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Xul 08, 2019 - 10:25 PM

    … y el concejal Ameijide , otra vez en rueda de visitas a los funcionarios ? ¡ carajo ! pero si ya lo conocen de sobra , que se invente otro entretenimiento para disimular que trabaja por lo que le pagamos

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo