" />

Ramón Villares presentará en Vilalba o seu último libro ‘Galicia. Una nación entre dos mundos’

O vindeiro venres 13 de decembro terá lugar en Vilalba a presentación do novo libro do historiador Ramón Villares, que estará acompañado polo xornalista Moncho Paz e pola alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro. Será a partir das 20:30 horas, na Casa da Cultura da capital chairega.

Galicia. Una nación entre dos mundos (Pasado y Presente, Barcelona, 2019) trata do proceso histórico polo cal a sociedade galega construiu a súa propia identidade como unha nación-cultura, identificando os seus antepasados heroicos e a súa conexión con outras culturas para descubrir, afirmar e recrear a súa propia personalidade.

Ramón Villares Paz (Cazás, Xermade, 1951) é catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994), membro fundador e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002) e presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018).

É autor de numerosas publicacións, entre as que destacan: La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936 (Siglo XXI Editores, Madrid, 1982), Foros, frades e fidalgos. Estudos de historia social de Galicia (Edicións Xerais, Vigo, 1982), Galicia. A Historia (Editorial Galaxia, Vigo, 1984), Figuras da nación (Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1997), El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX (Editorial Taurus, Madrid, 2001) ou Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista (Fundación Otero Pedrayo/Real Academia Galega, 2007).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo