" />

Ramón Villares visita os talleres de Aspnais

Esta mañá, o Presidente do Consello de Cultura Galega, Ramón Villares Paz, visitou os talleres de Aspnais nas Arieiras, onde foi recibido pola Directora-Xerente Mónica Seijas Rodríguez e a Responsable de Servicios Xerais, Carmen López Mosquera.
As dúas responsables de Aspnais acompañaron ao visitante polos diversos talleres, explicando actividades e procesos, que Villares Paz seguiu con atención, facendo diversas preguntas e observacións. Ata o momento o Presidente do Consello da Cultura Galega, lucense de Xermade, non puidera asistir a ningunha das visitas programadas ás instalación da entidade, e aproveitou un desprazamento a Lugo esta mañá para ver sobre o terreo parte da actividade que cos seus usuarios realiza a Asociación lucense de país e titores de discapacitados intelectuais (Aspnais).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo