Rematan as obras no aparcadoiro municipal do HULA

Maña mércores,  abrirá  o Aparcadoiro Municipal do HULA, logo das obras de mellora que consistiron na substitución do anterior material por unha capa de zahorra sen finos de 10cm, que permitirá a drenaxe de auga. Ademais, diferenciáronse as zonas de paso das de estacionamento usando zahorras de diferentes cores, para evitar así que se formen atascos por vehículos mal estacionados.

Segundo o Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, “o ideal sería asfaltar, pero a día de hoxe, debido a que este terreo está afectado polo 5% do plan xeral sen aprobar, non é posíbel”.

Arroxo afirmou que “o concello tivo que recorrer a esta solución no exterior por que o goberno do PP na Xunta privatizou o aparcadoiro interior do HULA que tiña que ser de todas as persoas usuarias de xeito gratuíto porque moita xente non pode pagar os prezos que alí se marcaron para beneficio dunha empresa”.

Novos Accesos

O aparcadoiro Municipal do HULA conta agora con dous novos accesos na parte baixa e ampliouse a entrada principal. Ademais, adecentáronse os accesos para persoas, facilitando así acceder aos vehículos e as manobras de entrada e saída.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Tedás Cuen
    Set 25, 2019 - 02:50 PM

    Bravo

    Reply
  2. Avatar
    Pilar López López
    Set 24, 2019 - 11:00 PM

    Porai terian que empezar…

    Reply
  3. Avatar
    Josefa Rouco Guntín
    Set 24, 2019 - 09:15 PM

    Eliminar los gorrillas para cuando

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo