" />

Rematan as tarefas principais de mellora da accesibilidade da rúa Outono

O Concello de Lugo vén de rematar as tarefas principais de mellora da accesibilidade da rúa Outono, na beirarrúa emprazada no lado sur desta vía. Tal e como lle avanzara a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aos propios veciños e veciñas da contorna de Fontiñas e San Roque, estas actuacións, enmarcadas no Plan de Barrios, contemplaron o cambio de baldosas, por unhas de máis adhrerencia, e a colocación dunha rampla. Os traballos ultimaranse coa disposición de varandas en catro tramos da rúa, así como na propia rampla.

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, explicou o cometido das actuacións nesta rúa, que presenta elevadas pendentes e rexistraba un desgaste nas baldosas. Así mesmo, indicou que a actuación, cun orzamento de 5.000 euros, se completou coa disposición dunha reixa, na parte superior da rampla e escaleiras, para captar as augas de escorrentía e evitar que discorran pola beirarrúa.

Estas tarefas, que supervisaron a Alcaldesa e o Concelleiro, saldan unha demanda veciñal e son outro exemplo das peticións da cidadanía que recolle o Goberno de xeito continuo, e que non teñen outra finalidade que a de garantir as mellores condicións aos distintos barrios da cidade, facendo un Lugo con espazos máis accesibles e seguros, con máis comodidade para o tránsito peonil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo