Rematan as vacacións as nenas e nenos saharauis que pasaron o verán na provincia

Hoxe un grupo de nenos e nenas saharauis que estiveron a pasar o verán na provincia de Lugo dentro do programa Vacacións en paz que desenvolve a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, foron recibidas pola Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Acompañaban aos saharauis, a Delegada en Lugo da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Manuela Pacín así unha representante do Concello de Lugo, a concelleira de Benestar, Ana González Abelleira, e en representación da Deputación Sonsoles Izquierdo.

Once nenos e nenas, de entre 11 e 14 anos, que pasan o verán en Lugo, Barreiros, Ourol e A Pastoriza, acompañados polas súas familias de acollida visitaron a Subdelegación do Goberno en Lugo antes de poñer fin ás súas vacacións en Lugo. O mércores, día 29, marchará o primeiro grupo logo dunha estadía de dous meses. O último grupo deixará Lugo o día 10 de setembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo