Repunte de novos casos Covid detectados en 24 horas, malia o descenso de infeccións activas, o día no que se cumpre unha semana de alivio nas restricións

No día que se cumpre unha semana de alivio das restricións impostas pola Xunta de Galicia, e malia o descenso continuo de casos nos últimos días, a cifra de contaxios sufriu hoxe un lixeiro repunte. 

Así, mentres que na xornada do mércores os positivos detectados foron 9, ou na do martes rondaban os 11; no día de hoxe o SERGAS vén de informar que na xornada de onte, os servizos sanitarios da provincia detectaron mediante PCR 18 novos positivos, o dobre que na xornada anterior. 

Pola contra o rexistro de casos activos continúa en descenso, hoxe cun novo record positivo nesta terceira vaga, rexístranse 373 infeccións, unha cifra que non se daba na provincia dende o 22 de decembro cando se rexistraban 357 persoas con infección activa e xusto o día que comezou o ascenso de casos desta terceira vaga. Anterior a ese 22 de decembro só se ven cifras semellantes no mes de agosto.

Bos datos, sen dúbida son tamén ás 46 altas recibidas no día de onte e que se suman ás máis de 11.100 persoas que xa superaron esta enfermidade. Asemade, nas últimas horas non variou apenas a presión asistencial, rexistrándose en planta o mesmo número de pacientes infectados con coronavirus, 20; e un descenso dun caso en UCI, que chega hoxe ás 13 camas ocupadas. Na última xornada o SERGAS non notificou ningún falecemento.

Alivio de restricións

Como diciamos ao principio, todos estes datos, os mellores e os peores, sucédense na xornada na que se cumpren 7 días da entrada en vigor de certos alivios nas restricións e na xornada na que preto de dez concellos lugueses baixarán o seu nivel de alerta. Así, toda a provincia queda, dende o día de hoxe, no nivel máis baixo de medidas, agás os municipios de Lourezá, Guitiriz e A Pobra do Brollón que permanecen en nivel medio. 

Así, dende hoxe, calquera residente na provincia poderá saír do seu municipio, eso si, os tres concellos en nivel medio só poderán ter mobilidade entre eles. Do mesmo xeito, permítense en toda a provincia as reunións de ata catro non conviventes, así como a apertura da hostalería ata as 6 da tarde eso si, con certas limitacións de aforo que varían entre os dous niveis que se presentan na provincia. 

Hoxe volvese reunir o Comité Clínico para avaliar esta evolución e, de ser positiva, podería continúar o relaxo nas medidas decretadas. 

Vacinación poboación de 50 a 55 anos

E xa para rematar, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou na tarde de onte que os cidadáns galegos de entre 50 e 55 anos comezarán a vindeira semana a recibir a vacina contra a covid-19 de Astra Zéneca. Trala reunión semanal do Executivo Galego, Feijóo sinalou que Galicia recibirá esta mesma semana 30.000 doses adicionais e así, este colectivo poderá unirse á vacinación que xa están recibindo os maiores de 80, os docentes menores de 55 anos así como Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, persoal dos servizos de axuda no fogar e aos que tamén se sumará a Garda Civil e persoal non docente de institucións educativas. A vacina neste colectivo de adultos de entre 50 e 55 anos arrancará, ao igual que cos anteriores colectivos, na letra H.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com