A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses realizará obradoiros en Cervantes, Navia e Becerreá

A Deputación de Lugo celebra este ano o 10º aniversario da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses con actividades nos 3 Concellos que integran este espazo natural recoñecido pola UNESCO: Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá.

O vindeiro  martes 31 de maio o Centro de Servicios Sociais de Becerreá acollerá un obradoiro de cervexa artesá. Esta é unha actividade para adultos que se celebrará dende as 16:00 a 22:00 horas.

O Concello de Cervantes xa celebrou o pasado 18 de maio unha charla, na Palloza do Conxunto Etnográfico San Roman de Cervantes, sobre enfermidades en árbores froiteiras (maceiras e castaños). E o Concello de Navia de Suarna tamén realizou un obradoiro de elaboración de produtos cosméticos con ceras.

A programación arrancou este mes de maio e continua ata setembro con obradoiro e xornadas formativas para persoas de todas as idades. O prazo de inscrición xa esta aberto en www.deputacionlugo.gal, no correo ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono, 982 227 812.

O calendario das actividades nos Concellos é a seguinte:

 Concello de Becerreá

Actividades para adultos que se celebrarán no Centro de Servicios Sociais, e que contan cun máximo de 20 prazas:

-Obradoiro de elaboración de cervexa artesá; o día 31 de maio terá lugar de 16:00 a 22:00 horas. O día 7 de xuño de 18:00 a 20:00 horas.

Actividades para os máis pequenos (6-12 anos) que se celebrarán no Centro de Servicios Sociais, e que contan cun máximo de 20 prazas

-Club dos nenos coidadores do Planeta que terá lugar o martes 6 de setembro de 10:00 a 14:00 horas.

Concello de Navia de Suarna

Actividades para adultos que se celebrarán na Escola da Barcia, e que contan cun máximo de 20 prazas

– Obradoiro de elaboración de bebidas vexetais que terá lugar o dia 28 de xuño de 17:00 a 21:00 horas.

– Obradoiro de iniciación ao enxerto en árbores froiteiras que terá lugar o día 8 de setembro de 16:00 a 20:00 horas.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com