" />

Retómanse as obras na N-642

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana retomou hoxe as obras de rehabilitación estrutural do firme na estrada N-
642, para mellorar as comunicacións na comarca da Mariña.
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez lembrou que esta actuación súmase ás outras xa realizadas polo Goberno que,  para mellorar o estado do firme dunha vía que experimentara un grave deterioro nos anos anteriores co conseguinte perigo para a circulación rodada por esta vía que vertebra a Mariña.
A subdelegada lembrou que as obras afectan a varios treitos da vía, que discorre polos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz,
Burela e Cervo. Concretamente, o proxecto de mellora execútase en algo máis de 20 quilómetros da estrada, entre os pp.kk. 26+950 ao 28+800 e do 36+500 ao 55+000.
Estas obras de mellora da N-642, que está a executar a Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, consisten na substitución do firme actual por unha capa de rodadura de alta adherencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo