Ribadeo abre a inscrición para o Mercado de Nadal, que se celebrará do 4 ao 8 de decembro

O Concello de Ribadeo abre este 21 de outubro o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal 2026, que se instalará no Campo de San Francisco do 4 ao 8 de decembro. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 4 de novembro.

O mercado desenvolverase en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas, cunha oferta centrada na artesanía, a creación, o deseño e os produtos gastronómicos.

Segundo informou a concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, o 75 % dos postos reservarase para obradoiros artesanais acreditados, mentres que o 25 % restante poderá destinarse a outros creadores e deseñadores que cumpran os requisitos da convocatoria.

As bases prohiben a revenda de produtos industriais ou elaborados por terceiros, co obxectivo de priorizar as creacións propias e dar visibilidade ao traballo artesanal.

O Concello anima aos obradoiros, artesáns e creadores interesados a presentar as súas solicitudes dentro do prazo establecido para participar nesta nova edición do mercado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com